Eva Cernadas García
Obxetivos: as palabras ‘intelixencia artificial’ úsanse moito hoxe en día, pero non sempre se utilizan con propiedade. O obxetivo desta actividade é saber cando un sistema informático usa a intelixencia artificial.
Desenvolvemento: a partir da imaxinación de escenarios da actividade humana que nos gustaría automatizar, reflexionar se necesitaríamos utilizar intelixencia artificial ou non na resolución dos problemas. Un dos programas que utilizaches nos obradoiros anteriores (obradoiros 5 a 8) usa intelixencia artificial e outro non… sabes cal é cal?
Relación: matemáticas, materias de TIC ou tecnoloxía. A primeira parte do obradoiro pode realizarse a todas as idades, pero a segunda parte só se recomenda para o alumnado da ESO.
A intelixencia artificial é un termo que escoitamos habitualmente nos medios de comunicación e, incluso en conversas na rúa, pero cando preguntas á xente: “que é a intelixencia artificial?” Penso que moi poucas persoas saberían definila. Pero, como són dúas palabras, non podemos buscar o seu significado no diccionario.
Podes comezar a actividade preguntando ó alumnado ¿qué é a intelixencia artificial?… supoño que recibirás respostas como…. “é cando un programa constesta instantáneamente”…. ou “é cando unha máquina actúa como unha persoa”… ou “ cando un ordenador fai cousas moi difíciles”. Aínda que poidan ter unha vaga idea do que significa o termo, penso que son frases feitas que escoitaron algunha vez, no canto dunha compresión do seu significado.
Para comezar, penso que o termo “intelixencia artificial” é excesivamente vago e amplio e non define o que hai detrás do escenario. Sería máis adecuado falar de sistemas que utilizan a aprendizaxe automática, é dicir, que aprenden en base a exemplos. Polo tanto, serán un tipo particular de programas que aprenden, igual que nos o facemos na escola, nun proceso que denominamos “entrenamento”. Igualiño que cando entrenamos ó baloncesto, futbol, ximnasia ritmica, xadrez ou calquer outro deporte. Aprendemos de alguén que nos enseña, que nos adestra para exercitar as regras adecuadamente. Igual que o profesorado nos ensina outras moitas destrezas en matemáticas, língua, etc.
Este obradoiro consta de tres exercios que, utilizando o xogo, permitirannos entender qué significa a aprendizaxe automática e o entrenamento nun programa informático:
1. Teatro de fideos: no desenvolvemento do exercicio necesitas un puñado de fideos (espaguetis) para repartir entre o alumnado. Será un exemplo de programa que non utiliza a aprendizaxe automática.
2. Lanzando a pelota: con un exemplo da vida real, explicamos que é a aprendizaxe automática.
3. CystAnalyser ou STERapp: analizar qué sistema usa a aprendizaxe automática. Un xogo de ‘quen é quen?
Para a realización deste obradoiro, realiza o primeiro exercicio (“Teatro de fideos”). Como dixemos, a resolución deste problema non necesita utilizar a aprendizaxe automática. Simplemente, esta resolución fai uso dun algoritmo (tamén podemos chamalo estratexia, método ou mecanismo) con instrucións claras para acadar o resultado final (fideos ordeados pola súa lonxitude).
A resolución deste problema (ordear fideos dunha colección grande) por un ordenador como unha caixa, pode dar a impresión de que o ordenador ten unha gran capacidade para realizar a tarefa máis rápido e mellor (sen equivocarse) que nós e, polo tanto, levarnos á ilusión de que o ordenador é moi “listo” ou “intelixente”. Realmente, cando miramos dentro da caixa, cando comprendemos o mecanismo que usa o ordenador na súa resolución, caemos na conta de que este mecanismo é simple, de que non hai nada de “intelixente”.
Este comportamento de querer fascinar ó resto da audiencia é bastante común na enxeñaría. Tal vez iso permite manter o seu “status” social de que a enxeñería é cousa de persoas “listas” e “intelixentes” ou enxeñosas, que só a poden exercer persoas especiais. Por suposto, esta idea é falsa. Para min, se non sabes explicar de xeito simple algo complexo é porque non o comprendes con tanta profundidade como pensas.
Hoxe en día, aplícase o termo “intelixente” a calquera sistema tecnolóxico… pero sabemos realmente canta intelixencia hai dentro? O propósito de fascinar á audiencia ou clientela cos sistemas dicindo que son “intelixentes” foi un desexo de moitas xeracións antes. Por exemplo, xa no século XVIII, Wolfgang von Kempelen inventou o Mechanical Turc (unha máquina ou autómata) para xogar ó xadrez en 1769. Este aparello, traducido ó castelan por El Turco, é un boneco con turbante que xoga ó xadrez en contra de persoas. Incluso chegou a xogar con Napoleón Bonaparte. Nas exposicións nas que participaba este aparello, a xente quedaba fascinada pola súa habilidade para xogar ó xadrez. Todo o mundo estaba intrigado e preguntábanse cal era o segredo deste invento.
Tal como relata wikipedia, o segredo era que dentro dese armario estaba unha persoa que a través duns espellos miraba as xogadas do seu contrincante. Ademais, como estaba oculto puña a esa persoa nerviosa e así conseguía gañar as partidas. Polo tanto, a intelixencia do Mechanical Turc era simplemente unha ilusión, pero no seu interior non había ningunha “intelixencia artificial”, só había intelixencia humana que estaba dentro.
Outro exemplo é o do famoso cabalo Hans o “listo” ou en inglés Clever Hans a principios do século XX. Hans era un cabalo que podía facer cálculos simples como sumas, restas, multiplicacións, etc. Pero tamén era unha ilusión xa que o cabalo estaba entrenado para contestar en función das reaccións de quen lle preguntaba.
Invito a realizar o exercicio “Lanzando a pelota” que explica como se deseña un programa que incorpora a aprendizaxe automática. No exercicio puidemos ver que os mecanismos de resolución utilizados son completamente distintos do caso do “Teatro de fideos”. Aquí non hai unhas intrucións claras que nos conduzan á solución do problema, senón que se necesita da intelixencia e saber humano para ensinar ó programa a resolver a tarefa. Aínda así, xa co problema aprendido, é dicir, xa co modelo de aprendizaxe automática entrenado, non temos ningunha garantía de que o seu funcionamento sexa correcto (isto non pasa no caso dos fideos).
Como vimos, a forma en que se deseñan os sistemas de intelixencia artificial pode conducir, ás veces, a solucións pouco fiables por diferentes motivos. De ahí que xa se fale dos riscos da intelixencia artificial e os posibles danos á cidadanía. Para saber destes problemas, podes consultar a entrevista que a Biblioteca do Congreso Nacional de Chile me fixo en 2024.
Agora podes realizar o último exercicio CystAnalyser ou STERapp.