Coñécenos!
Colaboracións

Directora e deseñadora do proxecto.
Profesora de informática e intelixencia artificial, Investigadora no Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) e integrante do Centro de Investigación Feminista e de Estudos de Xénero (CIFEX) na Universidade de Santiago de Compostela. Investiga no deseño de novas técnicas de visión por ordenador e aprendizaxe automática e crea programas para facilitar o traballo de investigación no ámbito de medicina e bioloxía.
Descubre máis sobre Eva Cernadas aquí.

Investigadora do Instituto Español de Oceanografía de Vigo, pola realización do vídeo de introdución á xestión de recursos pesqueiros e cálculo da fecundidade.

Investigador na Escola de Medicina da Universidade de Yale en EUA, pola realización do vídeo sobre enfermidades xenéticas e explicar os métodos de investigación no ámbito da bioloxía molecular.

Investigador vinculado do CiTIUS, pola súa colaboración na actividade 10: 'Que é a intelixencia artificial?'.

Responsable da área de comunicación e prensa do CiTIUS, polas fotos do material proporcionado.

Persoal da área de comunicación e prensa do CiTIUS, polo deseño e construción desta páxina web.

Persoal da área de comunicación e prensa do CiTIUS, polo deseño e construción desta páxina web.